Compromiso por Santa Comba denuncia o «total e absoluto abandono» das instalacións do pavillón de Traba, en Castriz. Aseguran que a fin de semana pasada durante un encontro de balonmán «o persoal do club viuse obrigado a acondicionar as instalacións polos seus propios medios, xa que existían pozas na pista que imposibilitaban a celebración da competición».
O secretario local de Compromiso, David Barbeira, lamentou que «o equipo de goberno non faga caso dos escritos e demandas presentadas, e que se estea dando unha imaxe tan deficiente deste concello ante os equipos que veñen de toda Galicia».