Escolares do colexio da Agualada(Coristanco) asistiron este venres a unha función de teatro organizada polo departamento de cultura do concello de Coristanco, que se desenvolveu na casa da cultura municipal. Preto dun cento de nenos e nenas, acompañados por profesores asistiron a representación de «Pum pum», unha obra de Baobab teatro que recolle un espectáculo que mistura teatro, música e a actuación de monicreques, dirixido a alumnos de infantil e primaria.
«Pum pum» obtivo o recoñecemento da Feiras e Artes Escénicas de Galicia 2017. A actividade forma parte do programa cultural do concello de Coristanco, que se dará a coñecer en breve e que vai adicado a centros educativos e tamén ao público en xeral do municipio.