O polideportivo da Picota acolle o vindeiro 28 de abril a Festa das Persoas Maiores que organiza o concello de Mazaricos. Xa hai confirmada a asistencia de 800 veciños.Para o alcalde, Juan José Blanco Riveiro esta cita pretende ser unha «homenaxe a todos os anos de esforzo dos nosos maiores».O xantar estará amenizado por orquestra e gaiteiros.
O mesmo día tamén se celebra a segunda edición de Pasabares. Haberá actuacións musicais no establecmentos Parrillada California, Pizzería Vinculeiro, Restaurante Casa Jurjo, Restaurante Efe Eme, Café Bar Alborada, Restaurante Verxel, Asador Manduca e Café-Bar Pallote. Os grupos participantes son Petaforte, Os Campantes, Tremuzo, Os Candaira, Siador, Jaitas Blue, Ghasafellos, Os Cabaços…
E ás 11 da noite no recinto feiral terá lugar un concerto con A Bouba, O Ghusto do Boi e Fiadeiro Orquestra. A actividade está organizada pola Asociación de Amas de Casa en colaboración co Concello e Rebeiroa.
A Casa da Cultura da Picota acolle este vindeiro xoves (20,00h) unha charla orientada a informar sobre as medidas que se deben de adoptar contra a vespa asiática.