O orzamento do concello de Neda aprobouse cos votos a favor do equipo de goberno, formado por PSOE, BNG e Converxencia Galega. O Partido Popular abstívose e Moveneda votou en contra.
As contas ascenden a 4.694.691 euros, e rexistran un aumento de case 300.000 euros con respecto ao ano anterior.A corporación tamén aprobou, no pleno deste luns, a cesión á Xunta do chan do centro de saúde, o que representa un paso máis do Concello para trasferir á administración autonómica a propiedade do inmoble.