A asociación de veciños Nosos Aires da parroquia de A Riva no concello da Baña organizou unha homenaxe aos músicos locais, entre eles Eduardo Recarey(84 anos) e Inés e Silvia Capelo. E tamén Constantino, Daniel, Manolo Daniel, Ramón C., José García, Sarito, Secundino R., Pepe Cabreso, J.M. Pereira Silva ou José Agustín. Todos eles recibiron unha placa conmemorativa.
No campo da Carballeira houbo unha misa cantada,sesión vermú animada por Os Campantes da Baña, un xantar e música coa charanga Os Celtas e o dúo Amenal.Veciños de A Riva formaron parte de formacións coma Los Españoles, Xuntanza, Compostela, Oriente, Dinámicos ou a desaparecida Banda Municipal da Baña. A actividade contou co apoio do concello da Baña.