A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, manterá este domingo o encontro previsto cos veciños de Arantón, que foi suspendido pola chegada da borrasca Félix. A xuntanza terá lugar ás 12 do mediodía na Casa da Escola.
Charla GDR
O mércores pasado tamén se adiaba a charla informativa do GDR Terras de Compostela sobre as axudas do programa Leader. Finalmente a sesión informativa celebrarase o mércores 21 de marzo ás 20,30 na aula de formación 6 do edificio multiusos.