O polideportivo de Baio(Zas) acollerá o vindeiro 1 de maio a XXIV edición da exaltación da Fía do Liño que organiza cada ano a asociación Amigos do Liño que preside Carmen Riveiro.
Como ven sendo habitual, haberá unha degustación de produtos de Conservas Boya e un xantar típico composto por migas de pan con chícharos, patacas con bacallau, papas de arroz, pan e broa. Non faltará a tradicional demostración de fiado, o desfile e actuacións musicais. Amigos do Liño conta co apoio do concello de Zas, da Deputación provincial coruñesa e de varias empresas.