Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao Hospital Clínico de Santiago a unha persoa que resultou ferida despois de envorcar o vehículo que conducía.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o accidente ocorreu ás 7:50 horas de hoxe na Recta de Suevos, dentro do termo municipal de Mazaricos, onde un turismo saíuse da vía e resultou envorcado lateralmente.
A posición na que quedou o vehículo fixo temer porque o ocupante estivese atrapado, así que, desde o CIAE 112, pediuse a colaboración dos equipos de salvamento do parque do Xallas, así como do GES de Muros. Se ben é certo que a excarceración non foi necesaria, os equipos de emerxencias colaboraron cos profesionais sanitarios para sacar ao ocupante do vehículo.
Unha vez fóra, o condutor foi trasladado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para ser atendido das feridas provocadas no accidente.