Técnicos da Fundación Laboral da Construción ofrecerán unha charla informativa organizada pola empresa HBC hábitats en colaboración coa asociación de empresarios de Santa Comba.O acto terá lugar no auditorio do multiusos o vindeiro venres a partir das 21,30h.
Nesta charla informarase sobre a tarxeta profesional da construción(TPC), e os programas de formación bonificada que ofrece a Fundación, entre outros temas. Os organizadores aseguran que se trata dunha convocatoria de «grande interese» xa que , por exemplo, «na Fundación forman a rapaces menores de trinta anos en construción e tamén leva a cabo a formación profesional dual».A sesión informativa está dirixida a empresas da construción pero tamén a asesorías e xestorías.