A eloxiable iniciativa de tres mozas será realidade este sábado desde as 16,30h no pavillón de Ponte do Porto. Querían apoiar a familia do falecido veciño de Camelle, José Secundino, e foron quen de artellar un interesante festival, co apoio co concello de Camariñas e da asociación de veciños A Pergoliña de Camelle.
O festival será presentado por Juan Gimel.A entrada custa tres euros. Cada asistente recibirá unha bolsa con auga, unha froita a un iogur. Durante tres horas haberá clases de aerobic e ritmos latinos cos monitores Noelia Leis, Alberto Baña e Luis Nordesfitness. E ademais sorteos de agasallos, inchables, e distintos obradoiros.