Un home faleceu esta tarde nunha leira de Coristanco ao quedar atrapado entre as cadeas e unha roda do tractor que conducía. Os feitos ocorreron no lugar do Anido, na parroquia de Agualada.O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 16:25 horas a través da alerta do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar do accidente ao helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Nada máis recibir o aviso, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse do sucedido ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ponteceso, aos Bombeiros de Carballo, a Protección Civil e á Garda Civil.
Unha vez na leira, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Carballo empregaron o material de excarceración para liberar ao home. Xa accesible, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do varón.
Fonte-AXEGA 112