En breve eliminaremos esta nova por conter datos inexactos. A información completa nesta ligazón
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta mañá a un ciclista que foi atropelado por un vehículo cando circulaba pola estrada de Coristanco a Santa Comba, ao paso pola parroquia de Agualada.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 9:50 horas de hoxe cando un turismo arroiou ao ciclista e continuou a marcha.Pola súa banda, o ferido sufriu diversas lesións polo que tivo que ser atendido polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias.
Ademais, ata o lugar achegáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico, que tratar de indagar as circunstancias que rodearon este suceso.