Este ano o Exército dos Panos, conformado polos entruideiros de Arcos , tivo unha nova tropa de integrantes. Os que posiblemente sexan os garantes desta tradición, os máis pequenos. Participaron todos xuntos no desfile e logo os nenos e nenas pudieron desfrutar dunha merenda e de inchables no recinto feiral, onde se sortearon cestas de entruido e unha tablet.
Pola noite houbo unha degustación de cocido para as persoas que quixeron, en San Cosme de Antes. Son actividades organizadas polo concello de Mazaricos en colaboración con distintas asociacións do municipio.