O Partido Socialista de Santa Comba anunciou a data dunha nova Festa do Cocido, que cumprirá a décima edición este ano.Celebrarase o sábado 24 de febreiro ás 21:30 no Restaurante Tío Paco de As Travesas.
Os tickets para asistir pódense retirar no Restaurante Tío Paco ou en Viaxes Amarelle. O prezo é de 20 euros. Os socialistas elixiron esta semana a súa executiva local, encabezada polo portavoz José Antonio Ucha Velo.

.jpg)
