Este xoves fóisenos un amigo.Volvemos a sentir na nosa pel ese sopro de aire frío que nos xea o corazón. Apiñáronse recordos e tristeza. Porque despedimos a unha gran persoa.
Hoxe deixábanos Manuel Alvite Pardiñas » Manolucho» aos 65 anos de idade. Un veciño da Ponte do Porto querido en toda a comarca, copropietario da estación de servizo da localidade porteña e do restaurante vinoteca Comarea da Coruña.
Está a ser velado no Tanatorio de Ponte do Porto. Este venres a partir das 17:00 h celebrarase o funeral de corpo presente na igrexa parroquial.
Agora toca despedir a un amigo. E iso sempre é duro. Aínda que a nosa memoria será a boia á que nos aferraremos para lembralo para sempre.
Asdo) Xosé Manuel Lema
