Pouco antes da medianoite, un vehículo saíuse da vía e quedou envorcado cando circulaba pola Rúa Arcai, en Bembibre- Val do Dubra.
Como consecuencia do impacto, o condutor resultou ferido e, tras ser estabilizado polos voluntarios de Protección Civil da localidade, foi trasladado ao hospital de referencia por unha ambulancia de Urxencias Sanitarias.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tamén se informou aos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Xallas e de Santiago, mais o ferido estaba liberado e accesible.
Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para alertar, o que permitiu activar este operativo de rescate que completaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.