A Casa da Cultura da Baña acolle este venres 29 de decembro a presentación de dous libros e un traballo de dous veciños do concello, os irmáns Alberto e Beatriz Cancela.
Alberto Cancela é o autor de «Chané. O nacemento da música popular galega. Compostela. A Coruña. A Habana» mentras que Beatriz Cancela escribiu «A Banda municipal de Santiago. Música nas compostelanas rúas desde 1848». O proxecto do que falarán chámase «Descubrindo as nosas músicas».O acto, organizado por Compromiso por Galicia, iniciarase ás 9 da noite.