A alcaldesa do Concello de Santa Comba, María Josefa Pose Rodríguez, visitou hoxe día 21 de decembro, a actuación que levou a cabo o alumnado da especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes do Obradoiro de Emprego Proturismo2017 antes das vacacións de Nadal.
Durante as últimas semanas, o alumnado do Obradoiro realizou tarefas de preparación do terreo con aporte de abonos, renovación de substratos, podas de mantemento e instalación de novas plantas que lle dan un aspecto renovado e cheo de color a un espazo tan simbólico como este. Tamén se realizaron tarefas de mellora nas dúas rotondas situadas preto dos xardíns da Casa da Cultura e do Campo da Feira.
Este tipo de actuacións reforzan a aprendizaxe teórica dos alumnos seguindo a máxima de «aprender traballando» e contribúen a mellorar os espazos dos tres concellos que participan neste proxecto, Santa Comba, Mazaricos e Dumbría
Fonte: Nota de prensa Obradoiro Proturismo2017