14.7 C
Santa Comba
martes, diciembre 12, 2023

Malestar desde O Cótaro en Carballo

Veciños de O Cótaro, na parroquia carballesa de Entrecruces, dirixíronse a este xornal para expresar o seu malestar pola situación na que viven, xa que aseguran que despois de cinco denuncias rexistradas e de trasladar as súas inquedanzas no consello parroquial seguen como estaban.

«As palas limpian as cunetas e a dona das fincas pón as pedras a carón da carretera.No Cótaro seguimos con mirtos, tuberías e pedras na vía pública e o concello de Carballo segue sen mover un dedo» asegura unha veciña do lugar, que asegura que o goberno local sabe do problema desde decembro de 2016.

O asunto non é novidoso, e por iso fontes veciñais tamén amosan a súa sorpresa pola falta de iniciativa da oposición:»Invito á oposición a darse unha volta por estes lares xa que os que nos gobernan pasan e fan que non ven nada».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos