O Concello de Neda adxudicou á empresa Ricoh a subministración de catro fotocopiadoras por un importe de 14.259, 75 euros. É último paso dunha operación coa que o goberno municipal conseguirá un aforro anual de 13.431,21 euros, case 80.000 nun periodo de seis anos.
Esta estimación se fai en función do sistema de alugueiro das máquinas que se viña aplicando ata o de agora e cuxo gasto anual era de 6.778, 78 euros. As máquinas, que aínda están por chegar, serán instaladas na Casa da Cultura, no Concello e no centro cívico Ramón Millarengo.
Esta decisión de tipo económico tivo ademais unha contrapartida práctica e vital para o conxunto da veciñanza, xa que coa baixa do contrato das fotocopiadoras -o prezo de licitación era de 20.000 euros- o Concello foi quen de mercar tres desfibriladores que serán instalados no centro cívico e nos pavillóns de Neda e Roxal. O funcionamento destes aparatos require un curso de formación que o equipo de goberno xa está a programar cara a próximas datas.
Esta última adquisición supuxo un gasto de case 6.000 euros.
Fonte- Concello de Neda