15.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Dúas persoas excarceradas nunha colisión entre un coche e un camión en Dumbría

Os Bombeiros de Cee excarceraron esta tarde a dúas persoas de idade avanzada despois de producirse unha colisión entre un turismo e un camión en Dumbría. As vítimas, que viaxaban no coche accidentado, foron trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o camión non transportaba mercadorías perigosas.O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 82 da AC-552. Foi o persoal do 061-Urxencias Sanitarias quen alertou do accidente ao 112 Galicia ás 16:50 horas.

A partir de aí, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.

FONTE- AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos