13.4 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Atopan o cadáver dun home no Peirao de Brens, en Cee

Unha embarcación de Salvamento recolleu esta tarde o cadáver dun home que apareceu flotando na auga.

Unha persoa particular foi quen, ao fío das 15:00 horas comunicou o achado ao 112 Galicia. No seu relato indicaba que acababa de ver un home flotando na auga, na entrada do Peirao de Brens, na Escolleira, nun lugar de fácil acceso.

De inmediato, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE) puxéronse os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo, do Servizo de GardaCostas de Galicia e da Policía Portuaria. Do mesmo xeito, informouse ao 061-Urxencias Sanitarias e solicitouse, ademais, a colaboración dos axentes da Garda Civil, Policía Local e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez rescatado o corpo, axentes da Garda Civil indicaron que se trataba dun home de avanzada idade que faltaba do pobo dende esta mañá. Dende a súa desaparición, axentes da Policía Local e familiares atopábanse na súa procura.

Información Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos