Un cazador achou un cadáver en estado de descomposición esta mañá en Carballo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o corpo foi atopado nunha zona de monte, no lugar de Goiáns de Arriba.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 11:20 horas. A partir de aí, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse dos feitos á Garda Civil
Fonte -Axega 112