14.9 C
Santa Comba
jueves, diciembre 7, 2023

Un neno ferido ao ser atropelado en Carballo

Un neno resultou ferido a pasada tarde en Carballo despois de ser atropelado por un coche. Os feitos producíronse na Avenida Ponte da Pedra, ao fío das 19:30 horas.

Foi a esa hora cando o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que presenciara o atropelo. Indicaba no seu relato que os familiares do menor achegáranse ata o lugar dos feitos e levaran ao neno, ferido, ata unha casa. Engadía que o turismo implicado no atropelo permanecía no punto.

Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Carballo.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos