Un home resultou ferido esta tarde en Mazaricos ao saírse da vía o turismo no que viaxaba. A vítima tivo que ser trasladada a un centro hospitalario. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o vehículo impactou contra un poste, que caeu xunto cos cables que sostiña.
O accidente produciuse na DP-3404, concretamente no punto quilométrico 17.100.Foi o persoal do 061-Urxencias Sanitarias quen alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 15:15 horas.
Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, aos Bombeiros de Santa Comba e ao GES de Muros.