A portavoz municipal do PSdeG de Malpica, Isabel Loureiro Varela, presentou hoxe a súa renuncia como concelleira da corporación local alegando «motivos de natureza persoal e profesional».
Será substituída polo actual secretario xeral da agrupación local, Sergio M. García Villar. Isabel Loureiro confirma que continuará colaborando co partido pero desde «un segundo plano».
O novo concelleiro manifestou que «asume este cargo con ilusión e que,para que o partido socialista leve a cabo unha boa labor, contará e agradecerá enormemente o aporte de todos os compañeiros e compañeiras socialistas de Malpica, incluída indudablemente Isabel Loureiro, porque neste partido todos somos importantes e ninguén imprescindible».