O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitou o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee onde anunciou que o seu departamento vai investir 520.000 euros para a ampliación da unidade de diálise neste centro.
Con esta obra, que terá unha duración de catorce semana, duplicarase a superficie da actual unidade que pasa de 90 metros cadrados a 188; e os postos de atención aos pacientes pasan de 4 a 14.
Neste mesmo acto Vázquez Almuíña presentou a Carmen Otero Suárez, que que vai a ocupar o posto de nova xerente executiva do Hospital. O conselleiro este venres tamén presentou o proxecto de ampliación do centro médico e do pac da Laracha nunha visita que fixo a este concello bergantiñán.