15.2 C
Santa Comba
lunes, diciembre 11, 2023

En Carballo: sáense da vía, baten contra un muro e acaban nun xardín

Unha saída de vía, rexistrada esta noite en Carballo, deixa diversos danos materiais.Ademais, unha muller que viaxaba no interior do vehículo accidentado tivo que ser asistida polos efectivos de emerxencia tras sufrir un ataque de ansiedade.

O sinistro produciuse na avenida de Artes. O turismo saíuse da calzada e esnafrouse contra o muro dunha casa.O vehículo acabou no xardín da propiedade. Os efectivos mobilizados tiveron que estabilizar a muralla para evitar que os seus restos acabasen víndose abaixo.

Foi unha persoa particular, que tamén ía no coche sinistrado, a que chamou ao 112 Galicia ás 00:00 horas desta noite. Acto seguido, dende o CIAE do 112 alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Bergantiños. Tamén se informou a Protección Civil e á Policía Local.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos