Unha colisión múltiple, rexistrada esta tarde en Santa Comba, sáldase con dúas persoas feridas. No sinistro víronse implicados tres vehículos.
O accidente tivo lugar no quilómetro 9 da DP-2904. Foi unha persoa particular a que deu conta dos feitos ao 112 Galicia ás 15:25 horas desta tarde.
O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Xallas, de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.