Unha colisión múltiple, rexistrada na Laracha, sáldase con dúas persoas feridas. No sinistro víronse implicados catro vehículos.O accidente produciuse no quilómetro 7 da AC-523, a estrada que conecta Cerceda con Ledoño, á altura do Corgo.
Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 19:40 horas de onte para dar a voz de alarma. Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Bergantiños, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.Ata o lugar do sinistro foron mobilizadas dúas ambulancias. Finalmente, as dúas persoas feridas foron evacuadas a un centro hospitalario.

