A Andaina solidaria a prol da loita contra o cancro de Neda superou o éxito do ano pasado e logrou que 1.100 persoas participaran na iniciativa, 400 máis que o ano pasado. En total recadáronse 4.825 euros que se destinarán a Asociación Española contra o Cancro.
Foi unha iniciativa veciñal que contou co apoio e a organización do concello.A responsable de Servizos Sociais, Ana Rosa Pena Barcia, valorou a participación e agradeceu o compromiso da xente coa loita contra o cancro, tanto por parte das persoas que tomaron parte na proba como das que colaboraron economicamente a través do dorsal solidario. Ana Rosa Pena entende que a convocatoria vai a máis polo que desde o equipo de goberno xa se está a traballar cara á convocatoria do 2018.