23.8 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 18, 2024

Máis de 140.000 euros en obras no concello de Neda

O concello de Neda tramita obras por importe superior aos 140.000 euros e financiadas con cargo ao Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais da Consellería de Medio Rural e ao Plan Unificado de Subvencións da Deputación.No plan da Xunta invístense preto de 50.000 euros(O goberno autonómico achega 40.000 euros en dúas anualidades)en melloras nos camiños de Maciñeira-Escorial e de Viladonelle desde Porta da Pena.

Con respecto ao Plan Unificado de Subvencións desenvolveranse melloras en camiños de Cerdeira, As Barreiras-Gradaílle, Castiñeiro-Bernes, Laboura-Monte, no vial perimetral Valle Inclán e mesmo tamén no de Pename.O investimento ascende a 91.000 euros.

Desde o concello de Neda manteñen a idea inicial de asfaltar con aglomerado en quente «todas as infraestruturas viarias do municipio coa fin de prolongar o seu bo estado de conservación».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos