Nota Aclaratoria- o accidente aconteceu no lugar de Randufe cando un veciño de coristanco regresaba ao seu domicilio, despois de participar na xuntanza cabalar das Caselas.
A animada e exitosa xuntanza cabalar celebrada este domingo nas Caselas, no concello de Santa Comba, tinguiuse de dor co falecemento dun dos participantes neste evento cando, segundo fontes presenciais, sufríu un accidente co seu cabalo no lugar de Randufe, a dous kilómetros do evento, cando regresaba ao seu domicilio.Trátase dun varón adulto, veciño da localidade coristanquesa de Cuns, aínda que tiña familia en Santa Comba.
A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, que asistiu a esta celebración acompañada por varios membros do goberno local, lamentaba esta morte e expresaba o seu sentimento de tristeza. «Un día largo con moitas actividades pero que por desgraza termina tráxicamente coa morte dun participante da xuntanza cabalar das Caselas».