Sobre as 02:30 horas tamén desta madrugada, varios particulares informaban ao CIAE dun coche accidentado en Corcubión. Un dos alertantes explicaba no seu relato que vía un coche con moitos golpes -como si dera varias voltas de campá- na estrada que une Corcubión e Fisterra, no lugar de Quenxe. Indicaba, ademais, que ía proceder á sinalización do vehículo ao quedar, este, no medio da estrada.
Tras recibir o aviso dos alertantes, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do persoal sanitario, dos axentes de Tráfico e dos Bombeiros de Cee. Segundo se lle informou ao persoal do CIAE, a condutora ferida, foi trasladada por outra persoa particular ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.