10.9 C
Santa Comba
jueves, octubre 10, 2024

Nove colectivos convocan un acto informativo en Carballo

Nove colectivos organizan unha charla informativa sobre a proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia que se está tramitando no Parlamento de Galicia e que os promotores desta xornada cualifican como a «lei de depredación de Galiza»

A cita será o vindeiro sábado 7 de outubro ás 19,00h no Pazo da Cultura de Carballo. As entidades convocantes son Asoc. Petón do Lobo, Plataforma pola defensa da terra de Coristanco, a Asoc. ambiental Contramínate de Laxe, a Asoc. de Veciños de Cereo, a Asoc. veciñal, cultural e deportiva «Lourido» de Valenza, a Asoc. galega Cova Crea, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, a Asoc. de amig@s das árbores «Ouriol do Anllóns» e Contraminacción.

Estas entidades entenden que esta lei, entre outras cousas, vai a «poñer o noso territorio en bandexa ás empresas mineiras e eólicas, eliminando garantías ambientais e reducindo prazos nas tramitacións».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos