A corporación municipal de Neda deu luz verde á conta xeral do ano 2016 que segundo un informe presentado polo servizo de intervención presenta «uns datos moi positivos» cun superavit de 491.790 euros, un remanente para gastos xerais de 519.217 euros e un volume de débeda viva sobre os ingresos correntes liquidados é inferior ao 15%.
Tamén se acordou retirar o título de alcalde honorario a Francisco Franco a través dunha moción do BNG, apoiada por PSOE, Partido Popular e Moveneda. Ademais aprobouse unha moción para pedir que o Pazo de Meirás sexa de titularidade pública e elixíronse os festivos locais, que que serán o 14 de febreiro (Mércores de Cinza) e o 10 de setembro, festividade de Santa Maria.