5.1 C
Santa Comba
miércoles, diciembre 6, 2023

Colisión entre un coche e un camión en Carballo

Unha colisión entre un coche e un camión en Carballo saldouse co condutor do turismo ferido. Segundo os datos que facilitaron os Bombeiros da localidade ao 112 Galicia, o automóbil chocou lateralmente co camión e despois bateu contra un obstáculo fóra da vía. Ademais, a causa do impacto, a circulación viuse condicionada ao quedar o camión no medio dun carril.

O accidente ocorreu no lugar de Vivente, na parroquia de Ardaña, ao fío das 13:00 horas. Foi nese momento cando o persoal do 061-Urxencias Sanitarias alertaba do sinistro ao 112 Galicia.A partir de aí, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros de Bergantiños.

Finalmente, o ferido foi trasladado a un centro de saúde e a dotación do parque comarcal levou a cabo a limpeza da vía.

Fonte-Axega112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos