Unha colisión frontolateral entre dous turismos saldouse esta tarde con catro persoas feridas en Outes. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as vítimas foron trasladadas ao Hospital A Rosaleda.
Un particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 15:00 horas. Indicaba no seu relato que o accidente ocorrera en Cernón, nas inmediacións do serradoiro.
Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia púxose de contado a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Muros e de Protección Civil.
Fonte-Axega
Foto-GES Muros