O programa «Vive o Camiño» da Xunta de Galicia chega este xoves a Santa Comba co espectáculo «Dous no Camiño» protagonizado polos actores Isabel Risco e Fran Rei.
A cita será este xoves ás 20,00 da tarde no Campo da Feira.Se chove o espectáculo trasladarase ao Auditorio do Multiusos.
Estamos ante unha representación cómica para un público familiar con dous artistas recoñecidos tanto no teatro como no mundo televisivo, que interpretan o papel de dous pelegríns que se encontran no Camiño Xacobeo.