Un mozo resultou ferido esta tarde en Carnota tras caer do tellado da casa da avoa. A vítma estaba a realizar unhas tarefas de mellora, pero ao romperlle unha tella acabou precipitándose ao chan dende unha altura duns catro metros.
Os feitos tiveron lugar nunha propiedade de Lariño, situada na estrada xeral que vai a Carnota. Ata as inmediacións desprazouse un helicóptero, que acabou trasladando ao varón a un centro hospitalario.
A propia avoa da vítima chamou ao 112 Galicia ás 15:40 horas desta tarde para dar a voz de alarma. Decontado, dende a central de emerxencias informouse ao 061, que decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. O persoal do 112 tamén deu conta do ocorrido ao GES de Muros, a Protección Civil e á Garda Civil.
Fonte-Axega 112