O PSdeG denuncia unha actuación chapuceira da Xunta na estrada Carballo-Buño

O grupo socialista demandará no Parlamento de Galicia unha solución aos problemas de seguridade da estada AC-418 que une Carballo e Buño, «nomeadamente no último tramo, dende a localidade de Xoane».

As iniciativas foron presentadas pola deputada Loli Toja que advertiu da situación precaria deste estrada, cun elevado tránsito de vehículos e cunha alta siniestralidade. Segundo Toja, lonxe de arranxar o problema, o goberno galego agravou a situación cun parcheo que está provocando deslizamentos nos coches.

Loli Toja critica esta actuación «chapuceira» que desde o seu punto de vista «está a poñer en perigo a seguridade dos usuarios e usuarias da vía». Por iso esixe «medidas inmediatas, adoptando unha solución integral que dote de piso uniforme que evite os desniveis, así como os problemas de seguridade que están a ocasionar».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos