9.5 C
Santa Comba
viernes, diciembre 1, 2023

Envorca un camión e deixa unha persoa ferida en Mazaricos

Un camión -de transporte de peixe- envorcou esta mañá e o seu condutor resultou ferido. No momento de producirse o accidente, o vehículo circulaba pola estrada que vai de Pino de Val a Muros, ao paso da localidade coruñesa de Mazaricos. Un particular, informaba ao 112 Galicia, sobre as 10:30 horas, dunha furgoneta envorcada no medio da calzada. Indicaba que había unha persoa no interior do vehículo – consciente- pero non podía asegurar si estaba atrapada.

Así, dende o 112 alertouse aos servizos sanitarios, Bombeiros de Santa Comba e aos axentes de Tráfico que, decontado, se desprazaron ata o lugar. Do mesmo xeito, informouse aos efectivos do GES de Muros e de Protección Civil de Mazaricos.Unha vez no punto, os Bombeiros e membros do GES confirmaron ao CIAE que non foi preciso excarcerar pero si sacaron á persoa do interior do turismo, que foi trasladada polo persoal sanitario ao Hospital La Rosaleda de Santiago de Compostela.

Feito o transvasamento da mercadoría a outro camión isotérmico e retirado o camión sinistrado, os servizos de emerxencia alí desprazados, encargáronse da limpeza da vía.

Fonte- Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos