En breve comezarán as obras de asfaltado de 4.331 metros lineais na parroquia de Anca, no concello de Neda, cun investimento de 87.700 euros,aportados polo concello e a Deputación coruñesa.
O proxecto inclúe actuacións nos camiños de Os Cobos-Corredoira (765 metros), Corredoira-Vila de Anca (1.033 metros), Vila de Anca-AC-121 (770 metros), Vilar-Lobeira (440 metros), Fraguela (95 metros), Fontevella-Pedrós (1.060 metros) e cemiterio de Anca (168 metros).
Substituiranse os actuais pavimentos a base de rego asfáltico por unha mistura bituminosa en quente de cinco centímetros de grosor.Desde o goberno que preside Ángel Alvariño valoran a importancia destas melloras porque suporán «unha solución case permanente no tempo á rede viaria dunha zona cun elevado grao de dispersión e tamén rebaixar os gastos de mantemento que se derivan das condicións actuais do firme.