O 112 Galicia tivo constancia, a través do 061-Urxencias Sanitarias, dun accidente de tráfico no que se viron implicados dous turismos en Coristanco. Por mor do impacto, un home tivo que ser trasladado ao centro hospitalario de referencia.
O accidente ocorreu no Alto do Carrizal, na parroquia de Agualada. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os vehículos accidentados estaban sen sinalizar e nunha zona perigosa.
Dende o CIAE 112 Galicia informouse do sinistro á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Bergantiños, a Protección Civil de Curtis e de Coristanco e aos efectivos do GES de Ponteceso.
Fonte-Axega 112