10.3 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Unha colisión frontal deixa unha persoa ferida en Zas

Unha persoa resultou ferida na localidade de Zas despois de colidir frontalmente o vehículo no que viaxaba contra outro que circulaba, á altura da saída de Baio, dirección Coruña, na VG-1.5. Segundo indicaron ao 112 Galicia testemuñas que presenciaron o accidente, un dos turismos atravesou a mediana e chocou frontalmente contra outro vehículo que circulaba no sentido oposto da circulación.

Un dos alertantes que chamou ao 112 Galicia, sobre as 19:00 horas da tarde pasada, para pedir axuda indicaba que un dos condutores podía estar atrapado.Así, nada mais recibir o aviso, persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) puxo decontado, en alerta aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Santa Comba e á Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, solicitaron a colaboración dos efectivos de Protección Civil da localidade. Unha vez no punto, os Bombeiros do Xallas confirmaron que non foi preciso o emprego do material de excarceración pero si colaboraron co persoal sanitario na evacuación do ferido.

O CIAE tamén requiriu a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos