Tres mozos de Santa Comba formaron parte da comitiva de 15 galegos que participaron nun intercambio xuvenil organizado pola Dirección Xeral de Xuventude a través do programa «A xuventude no mundo», e que desenvolveu entre o 29 de agosto e o 5 de setembro.
Os mozos realizaron visitas á cascada Nachi Taisha e ao Mosteiro de Koyasan, participaron nun intercambio con estudantes no centro educativo Shigu, e no percorrido dun tramo do Camiño Kumano Kodo, así como nunha experiencia de karate nun instituto.