Ao fío das 12:00 horas deste mediodía, unha persoa particular informaba ao CIAE dun accidente en Laxe. Indicaba que un coche chocara contra un valo na AC-433, á altura do desvío a Reboredo. O alertante solicitaba asistencia sanitaria para o condutor que estaba fora do vehículo.
Así, o 112 Galicia pasou aviso ao 061 e informou á Garda Civil de Tráfico. Tamén, puxéronse os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Bergantiños, dos efectivos do GES de Ponteceso e do persoal do servizo de mantemento da estrada. O ferido foi evacuado polo persoal sanitario.