8.1 C
Santa Comba
martes, marzo 11, 2025

Saída de vía no Val do Dubra esta madrugada

Segundo informou Protección Civil de Val do Dubra o accidente tivo lugar á altura de Paramos,e houbo unha persoa ferida.

Hoxe, ás 05:45 horas, os servizos sanitarios informaban ao CIAE dunha saída de vía dun turismo en Val do Dubra, ao redor do punto quilométrico 18 da AC-406. Decontado, os profesionais do CIA puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico que xa tiñan constancia do suceso. Ademais solicitaron a colaboración dos efectivos de Protección Civil de Val do Dubra.

Unha vez no punto, os membros de Protección Civil indicaron ao 112 Galicia que era precisa a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, para a limpeza do gasóleo e aceite do vehículo que quedou derramado pola estrada. Ademais, debido ao impacto, o coche partiu á metade ocupando ambos carrís da vía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos