Un incendio arrasou onte un alpendre dende se almacenaba gran cantidade de leña e palla. Sobre as 18:45 horas deste martes, un particular informaba ao 112 Galicia dun lume nun alpendre, no Rial, Ordoeste, no concello coruñés da Baña.
Foi, a esa hora, cando o persoal do CIAE, poñía os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Xallas, que nada mais chegar ao punto, indicaron que se trataba dun alpendre illado dunha casa. Ardeu a leña e a palla que se almacenaba no seu interior. Unha vez extinguidas as lapas, refrixeraron a zona. Dende o 112 Galicia tamén se informou á Garda Civil.