9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Díaz Villoslada participou nun encontro en Carballo

O precandidato á secretaría xeral do PSdeG, Juan Díaz Villoslada, mantivo un encontro con militantes socialistas na sede do partido en Carballo, desde onde propuxo darlle «unha sacudida de modernidade» ao Partido Socialista para «poñelo ao ritmo da sociedade galega do futuro» e facelo atractivo e aberto á xente moza.

Villoslada propón renovar tecnolóxicamente o partido e instaurar novos mecanismos de participación real, así como garantir en Galicia as consultas á militancia en temas relevantes como os pactos de goberno.

«A militancia debe ser activa, e por iso o partido debe buscar canles de participación que chamen tamén á incorporación de máis xente e a aumentar a nosa base, que é a que nos fortalece» afirmou o deputado coruñés na capital de Bergantiños.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos